Estatutos (artículos destacados)

Artigo 1. Coa denominación de ASOCIACIÓN CORAL POLIFÓNICA MÁXIMO GORKI, constitúese unha entidade ao abeiro da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, e normas complementarias, con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro.

 

Artigo 2. Esta asociación constitúese por tempo indefinido.

 

Artigo 3. A existencia desta asociación ten como fins:

     1. Espallar a polifonía de todos os xéneros e países.

     2. Promover a polifonía na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Artigo 4. Para o cumprimento dos seus fins poderá realizar as seguintes actividades:

     1. Creación de un coro de voces mixtas.

     2. Organización de actividades socio-culturais e lúdicas, relacionadas ca polifonía.

     3. Organización de concertos, cursos, seminarios, conferencias e outros actos análogos.

     4. Elaboración e edición de materiais formativos, discos, revistas, folletos, e calquera outro tipo de publicación para a difusión das ideas da asociación.

     5. Calquera outra actividade que a Xunta Directiva considere axeitada para o cumprimento dos fins da asociación.

 

Artigo 7. Poderán ser integrantes da asociación todas as persoas físicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar ou, tralo acordo do órgano competente da persoa xurídica, que reúnan os seguintes requisitos:

     1. Que teñan interese no desenvolvemento dos fins da asociación.

     2. Formalización inscrita da integración.

 

Artigo 9. Os asociados/as numerarios ou fundadores teñen os seguintes dereitos:

     1. Participar nas asembleas con voz e voto.

     2. Poder elixir e ser elixido/a para os cargos directivos.

     3. Tomar parte en cantas actividades organice a asociación no cumprimento dos seus fins.

     4. Gozar de todas as ventaxes e beneficios que poda proporcionar a asociación.

     5. Facerlles suxestións aos membros da Xunta Directiva cara a mellorar o cumprimento dos fins da asociación.

     6. Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da asociación.

     7. Aqueloutros que serán recollidos na lexislación vixente.

 

Artigo 10. Os asociados/as terán as seguintes obrigas:

     1. Asistir ás asembleas xerais.

     2. Satisfacer as cotas que se establezan.

     3. Desempeñar os cargos para os que foron elixidos.

     4. Prestar cantos servicios determinen os estatutos, o Regulamento de réxime interno e os acordos das asembleas xerais.

     5. Observar unha boa conducta individual é cívica.

     6. Cumprir os acordos da Asemblea Xeral e o contido dos estatutos.

     7. Aqueloutros que se recollan na lexislación vixente.